Acesso ao Portal Paulinas

Ciberteologia
Revista de Teologia & Cultura

Edição nº 53 – Ano XII – Outubro/Novembro/Dezembro 2016 – ISSN: 1809-2888

Irmão de idioma e esperanças

 Andrés Torres Queiruga

Irmão de idioma e esperanças. Así me definiu Afonso, en 1995, ao comezo da nosa relación, no seu prólogo ao meu libro sobre a revelación e así o repetiu, ao final (2015), no libro-homenaxe. Agradecido e saudoso, tralo seu temperán pasamento —“temprano alzó la muerte el vuelo”— así o defino tamén eu a el. Irmáns na raíz común do idioma, irmáns nas grandes esperanzas, irmáns na busca teolóxica. Tal foi –e continúa ser— o núcleo íntimo do noso encontro. Por iso este artigo quere ser ante todo recordo entrañábel e homenaxe de amizade. E, de paso, breve evocación da criatividade, finura e actualidade da súa teología. […]